Novo cambio de líder no Trofeo O GRANATE 21/22! Coas votacións dos partidos contrao Arosa SC e a UP Langreo, as votacións da afección e dos membros de Fondo Norte Podcast deron un cambio importante. No partido contra os veciños arosanos, os escollidos polos afeccionados foron Brais Abelenda, Charles e Álex González (estes dous últimos empatados a votos). A votación dos membros do podcast foi similar, escollendo e empatando a puntos a Abelenda, Álex González e Churre.
En canto ao partido contra a UP Langreo os votos foron algo diferentes. Para os membros de Fondo Norte Podcast os mellores foron Charles, Yelko e Seoane, os mesmos que a afección co que nesta xornada tanto os siareiros como os de Fondo Norte Podcast estiveron de acordo.
Con estes votos, as clasificacións dan un envorco: Charles volve poñerse líder na clasificación da afección e Abelenda mantén a primeira posición de Fondo Norte Podcast. Quen gañará ao final da tempada? Aquí están as clasificacións completas:
Clasificación Afición
| Posición | Jugador | Puntuación |
|---|---|---|
| 1 | Charles | 20 |
| 2 | Yelko | 17 |
| 3 | Rufo | 13 |
| 4 | Brais Abelenda | 11 |
| 5 | Miguel Román | 6 |
| 6 | Álex González | 5 |
| 7 | Oier | 4 |
| 8 | Romay | 3 |
| 9 | Churre | 2 |
| 10 | Javi Rey | 1 |
| 10 | Alberto Rubio | 1 |
| 10 | Álvaro Cortés | 1 |
| 10 | Seoane | 1 |
Clasificación Fondo Norte
| Posición | Jugador | Puntuación |
|---|---|---|
| 1 | Brais Abelenda | 15 |
| 2 | Miguel Román | 11 |
| 2 | Yelko Pino | 11 |
| 4 | Charles | 9 |
| 5 | Rufo | 7 |
| 6 | Seoane | 6 |
| 6 | Álex González | 6 |
| 8 | Alberto Rubio | 5 |
| 8 | Javi Rey | 5 |
| 8 | Romay | 5 |
| 11 | Oier | 1 |
| 11 | Pablo Cacharrón | 1 |
| 11 | Churre | 1 |
O Trofeo O GRANATE 21/22 é un trofeo á regularidade organizado por PontevedraCF.Net onde os afeccionados pontevedreses votan a través de enquisas no usuario de Twitter @PontevedraCF despois de cada partido. Engadida á votación semanal dos membros de Fondo Norte Podcast, faise unha clasificación onde os tres primeiros de cada votación levan 3, 2 e 1 punto respectivamente.