Empézase a ver a luz ao final do túnel nos deportes na comunidade galega. A Dirección Xeral de Saúde da Xunta de Galicia, coincidindo co levantamento das diferentes restricións polo COVID-19, comezou a autorizar a asistencia de maior número de espectadores nos diferentes recintos deportivos da comunidade
Un dos beneficiados foi o Pontevedra Club de Fútbol, xa que a propia Dirección Xeral autorizou á entidade granate a albergar un máximo de 3.000 espectadores en Pasarón no partido contra o Sporting de Xixón B. Desta maneira, mellórase o máximo que tivera o estadio nas últimas xornadas, que pasou entre os 500 de hai meses aos 1.000 da última xornada.
Pese ao aumento de asistencia, aínda é necesario, se es socio, apuntarse para poder asistir ou cubrir unha declaración responsable cos nosos datos á hora de comprar unha entrada, as cales se puxeron á venda a un prezo de 20€ en Preferencia e Tribuna e 15€ os Fondos