Viaxe gratis a Santiago para ver o partido contra a SD Compostela

| |

Empeza 2022 e unha nova oportunidade para a marea granate de ensinar o seu apoio ao equipo. O Pontevedra CF SAD anunciou que organiza unha viaxe en autobús gratuíta a Santiago de Compostela para ver o partido contra a SD Compostela da próxima xornada. A viaxe está patrocinado por Funeraria San Marcos e será gratuíto para todos os afeccionados granates que se apunten, tendo que pagar unicamente a entrada ao encontro, sendo 15€ para maiores de idade e 5€ para os menores de 18 anos. O autobús sairá ás 15:00 horas de Pontevedra e levará directamente á afección ao Estadio Vero Boquete, volvendo nada máis acabar o partido.

O encontro #ante a SD Compostela celebrarase o vindeiro domingo 23 de xaneiro ás 17:00 horas. Os granates visitarán o Vero Boquete levando ás súas costas seis vitorias consecutivas, esperando gañar a unha SD que levaría sen xogar un partido oficial desde o 2021, xa que o seu partido #ante o Salamanca CF UDS tívose que suspender por positivos en COVID no equipo salmantino.

Foto: PontevedraViva

Anterior

Viaje gratis a Santiago para ver el partido ante la SD Compostela

Fondo Norte Podcast crece con ‘La Previa’

Seguinte

Leave a Comment