Novo problema para o Pontevedra. A Xuez de Competición suspendeu o partido Pontevedra CF – CD Guijuelo por mor do temporal de que neve que está a sufrir parte da Península Ibérica.
A noticia chegou a través do usuario oficial de Twitter o clube salmantino, que anunciaba que debido aos problemas que poden atoparse para chegar a Galicia, a RFEF decidiu que o partido se suspenda e se celebre noutra data. Aínda que Galicia, e mais concretamente Pontevedra, non están afectadas polo temporal chamado Filomena, o resto da meseta está a vivir un temporal de neve e vento fora do común, polo que as carreteiras poderían non estar en condicións para unha viaxe segura.
Charles perderase o partido ante o Racing de Ferrol
A suspensión do partido implica que Charles non cumplirá esta semana o partido de sanción que lle queda, polo que se pederá o partido ante o Racing de Ferrol. Un inconvinte para Jesús Ramos que fixera os cambios ante o Cádiz no partido de Copa do Rei pensando no encontro ante o Guijuelo.
Aínda así, grazas á suspensión os granates terán máis días de descanso, algo no que estaban en desigualdade ante o Guijuelo, que tivo toda a semana para preparar o partido en Pasarón.
Polo de agora, non se sabe a data na se que podería celebrar o partido, pero todo apunta a que podería ser na fin de semana do 28 de marzo, data no que hay un descanso no subgrupo destinado a este tipo de ocasións.
1 comentario en «Suspendido o Pontevedra – Guijuelo por mor do temporal»