Samu Araújo é a cuarta renovación do Pontevedra CF

| | ,

Séguense cumprindo as declaracións de Toni Otero na súa rolda de prensa de xuño. O Pontevedra CF SAD está a apostar pola continuidade e hoxe volveuno a demostrar anunciando a renovación de Samu Araújo. Anunciado, como ata o de agora, nas redes sociais, a entidade granate ha comunicado que o lateral vigués ha renovado o seu compromiso co Pontevedra CF un ano máis.

Araújo chegou a tempada pasada para reforzar o lado esquerdo da defensa granate nun aura de polémica, e é que o vigués fichara inicialmente polo Sabadell, pero debido a un problema atopado durante o recoñecemento médico a entidade catalá decidiu cancelar a súa fichaxe. O defensa comezou a tempada dubitativo e estivo ausente por lesión durante varios partidos, pero acabou gañándose a titularidade no lateral esquerdo na maioría de partidos, só substituído por *Álex González debido a decisións técnicas.

Samu Araújo xogou coa elástica granate un total de 1878 minutos durante 26 partidos, 26 deles como titular.

Anterior

Javi Rey cambia o Pontevedra poloAvilés

Alberto Rubio renova co Pontevedra CF

Seguinte

Deixa un comentario