Nova polémica relacionada co sorteo de entradas para ver o partido en Pasarón ante o Celta B. Se no anterior sorteo o público queixouse polos tempos reducidos do sorteo e a maneira de aviso (o que provocou que moitos socios non se enteraran ou non foran), o novo sorteo para poder asistir ao Celta B non cumpliu as normas postas polo clube.
Despois do primeiro sorteo o clube, a través do seu usuario de Twitter, comunicou que os socios que non foran agraciados para ver ao Unionistas terían preferencia para o novo sorteo que se faría ante o Celta B. Ao publicar os resultados do sorteo para o partido ante o filial celeste, que non se sabe se foi ante notario, detectouse na lista publicada no Twitter que había moitos números repetidos, é dicir, que xa aparecían no anterior listado, máis concretamente hai 12 abonados que repiten a asistencia a Pasarón, mentres outros abonados que pagaron o seu abono non tiveron as mesmas oportunidades.
Existindo moitos abonados aos que non lle tocou en ningunha das dous ocasións, está claro que no novo sorteo non se deu preferencia aos socios que non foran agraciados para ver o partido de Unionistas.
PontevedraCF.Net púxose en contacto co clube pero, ao momento de escribir esta noticia, non recibimos ningunha aclaración. Nembargantes ao recibir tantas protestas, o clube viuse obligado a aclarar o método do sorteo, comentando que o que querían dicir con preferencia era «invitar a los que ya acudieron al encuentro anterior a que renuncien en solidaridad con otros socios».
Moitos siareiros comezaron a protestar a través das redes sociais debido a incomprensible falta de sentido do novo sorteo:
📸 @RCCelta