Oier Calvillo sofre unha micro rotura no cuadricep

| |

Saltaron as alarmas cando á primeira hora do venres o Pontevedra CF SAD anunciaba a convocatoria para viaxar a Langreo e Oier Calvillo non estaba entre os escollidos. Na rolda de prensa do día anterior, Ángel Rodríguez non fixera mención ao xogador vasco polo que os rumores sobre unha posible saída no inverno comezaron a circular polas esferas granates.

Todo o contrario. Segundo dixo o propio adestrador na rolda de prensa posterior ao partido, Oier Calvillo sofre unha micro rotura no seu cuadríceps, o que lle terá afastado dos campos de xogo como mínimo unhas tres semanas, dependendo de como se recupere a lesión muscular que sofre o extremo granate.

Anterior

Churre perderase o partido contra o Ceares

Oier Calvillo sufre una micro rotura en el cuadricep

Seguinte

Leave a Comment