O pasado 12 de xuño o Padroado da Fundación Deporte Galego reuniuse para aprobar de a resolución provisional onde se otorgan subvencións a modo de patrocinio a equipos de Alta Competición de Galicia. Na lista de solicitantes desta nova subvención dependente da Xunta de Galicia estaba o Pontevedra Club de Fútbol, ao que se lle otorgaron case 50.000€ en diferentes conceptos de patrocinios.
O resultado total que se vai levar o Pontevedra Club de Fútbol en concepto de patrocinio é de 49.973,96€ (sen IVE), dividido en dúas liñas de patrocinio: por un lado o patrocinio específico da Xunta de Galicia e Deporte Galego e, polo outro, a liña específica de patricinio de ABANCA. Estas dúas liñas otórganse por diferentes criterios, entre os que se encontran as participacións en competicións europeas e estatales, a duración da competición ou a cantidade de fichas federativas que ten o clube. Tódolos criterios e a lista completa pódese consultar nesta ligazón.
O Plan Patrocinio Deporte Galego é unha iniciativa que comezou na tempada 2009-2010 e consiste na participación como patrocinadores dos equipos aceptados da Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia e ABANCA. Ao participar neste plan, o Pontevedra comprométese a ofrecer espazos publicitarios a ABANCA e ás actividades da propia Secretaria como son Deporte Galego, Galicia Saudable e a propia Secretaría Xeral da Igualdade.
O Pontevedra Club de Fútbol xa tivo este patrocinio na tempada 2020-2021, de aí que se luciran nas camisolas publicidade de ABANCA e das accións da Secretaría Xeral de Igualdade e Deporte Galego.
Foto: ©Xunta de Galicia