O Pontevedra CF comeza a tempada 2020-21

| |

Foi un verán largo pero hoxe chega ao seu fin para o Pontevedra Club de Fútbol. Os futbolistas granates foron citados hoxe luns 24 de agosto no Estadio de Pasarón para a primeira toma de contacto como equipo, onde recibirán todos os pertencentes á plantilla as primeiras instruccións por parte do corpo técnico e clube e o material que utilizarán da plantilla, asemade de ser o primeiro día onde todos os xogadores e o corpo técnico se vexan as caras.

Aínda faltan 24 horas para que vexamos a primeira fotografía da plantilla vestida de granate, xa que non será ata mañá martes cando comecen os adestramentos. Uns adestramentos que comezarán con incertidumbre, xa que non se coñece todavía nin os rivais que terá o Pontevedra nin a data de comezo da tempada na Segunda B, un tema que está pendente de discutir entre a Federación Española e as territoriais.

Á espera do novo central

O comezo dos adestramentos prodúcese todavía coa plantilla do Pontevedra CF sen pechar. Á última fichaxe de Jorge Fernández espérase que se anuncie nas próximas horas a incorporación dun central que complete a defensa. Os últimos rumores apuntan a Xisco Campos, xogador experienciado de 38 anos procedente do Mallorca e con experiencia en Primera División.

Anterior

O Pontevedra anuncia a fichaxe do extremo Jorge Fernández

Xisco Campos reforza a defensa granate

Seguinnte

Deixa un comentario