O Pontevedra baixa as entradas ante o UD Llanera

| |

O Pontevedra CF SAD cumpre este sábado 16 de outubro 80 anos e parece que a entidade quere que ese día o partido contra a UD Llanera sexa unha festa porque baixaron o prezo das entradas para o público xeral. Desde as súas redes sociais o club comunicou os novos prezos para todas as bancadas: 20€ en Tribuna, 10€ en Preferencia e 8€ para os Fondos. Para os menores de 16 anos, os prezos son de 15€ en Tribuna, 5 en Preferencia e 5 nos Fondos.

Ademais desta baixada de prezos, cada socio de Tribuna poderá sacar unha entrada para un acompañante a prezo reducido: 15€ para os adultos e 10 para os menores de 16 anos. Se queremos esta entrada adicional ou sacar entradas con antelación, as oficinas do club estarán abertas o xoves e o venres en horario de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 19.00 horas.

Anterior

El Pontevedra baja las entradas ante la UD Llanera

Encuentro digital con ex jugadores y fiesta en la Praza da Verdura para celebrar el 80 aniversario

Seguinte

Leave a Comment