fbpx

O Pontevedra adéstrase con Moreira como interino

| |

O cesamento de Antonio Fernández deixou ao Pontevedra no limbo. Despois do conciso comunicado emitido no día de onte, a entidade non realizou ningún comentario máis achega do futuro do equipo técnico, nin quen dirixirá ao equipo no partido deste domingo nin se se manterán os mesmos membros que estaban a colaborar con con Antonio Fernández ata hai un día.

O que si se sabe é que, por agora, Sergio Moreira, segundo de Antonio, foi o que colleu a batuta dos adestramentos. No día de hoxe o equipo adestrouse na Xunqueira e foi o propio Moreira o que dirixiu o adestramento coa asistencia de Dani Vilas, actual preparador físico, e Álex Salgado, analista da confianza de Antonio e que parece que continuará polo momento no equipo técnico granate.

A sesión de adestramento comezou despois dunha breve reunión a porta pechada en Pasarón, onde só os asistentes saben que ocorreu. É de esperar que nesta charla estivesen presentes responsables da área deportiva como Toni Otero ou Roberto Feáns, os cales, casualmente, non asistiron nesta ocasión ao adestramento no campo da Xunqueira como habitualmente fan pero, como todo o que está relacionado coa entidade, non se sabe.

Todo parece indicar que, a pesar de que no día de onte dábase por feito a toma de mando de Toni Otero no banco granate, a tormenta levantada entre a masa social ha revolto unhas augas que xa de seu estaban bastante sucias e pode facer dubidar a Otero de poñerse á fronte do equipo. Polo momento a entidade non fixo ningunha comunicación e non se espera que o faga nas próximas horas. O único que se sabe é que mañá venres o equipo está citado de novo para adestrar ás 10:30 horas, momento no que quizais podamos saber algo máis sobre o futuro do equipo… ou non, porque co escurantismo desta entidade nunca hai nada claro.

Foto: Mónica Patxot, PontevedraViva

Anterior

El Pontevedra se entrena con Moreira como interino

Toni Otero coge las riendas del Pontevedra CF

Seguinte

Deja un comentario