fbpx

O partido contra o Guijuelo xogarase o 10 de febreiro ás 17:00 horas

| |

Despois de moitos días de incerteza, polo menos en canto á información pública refírese, a Federación fixou unha nova data para o partido aprazado contra o CD Guijuelo. Será finalmente o mércores 10 de febreiro ás 17:00 horas en Pasarón.

O partido da xornada 9 foi suspendido debido ao temporal de neve que afectaba, supostamente, o camiño desde Guijuelo ata Pontevedra e que impedía, segundo o club visitante, chegar con total seguridade á capital das Rías Baixas, a pesar de ver a equipos como o RC Deportivo e o Unionistas facer o mesmo camiño sen ningún tipo de contratempo.

O atraso na data debeuse á aparición dun brote de COVID-19 no persoal, o cal lle fixo suspender dous partidos máis #ante Celta B e Zamora . O encontro celebrarase entre dous encontros da mesma zona que o Guijuelo: despois de recibir ao Zamora en Pasarón e antes de visitar o Helmántico para enfrontarnos ao Salamanca CF UDS.

Anterior

El partido contra el CD Guijuelo se jugará el 10 de febrero a las 17:00 horas

Mario, Imanol e Jorge escollidos como mellores xogadores ante Unionistas

Seguinte

Relacionado

Dalisson ficha por el Córdoba CF

Hoy se ha confirmado una noticia que, aunque previsible, no deja de generar cierta nostalgia en Pasarón: Dalisson de Almeida, uno de los jugadores más ... Read more

Precios populares y entradas gratis para buscar el ascenso

El Pontevedra CF puede confirmar su ascenso a Primera RFEF de manera matemática este domingo en su partido contra el CD Laredo y lo quiere ... Read more

Deja un comentario