Horas antes de que remate o mercado de inverno, xa que en Galicia debido á Federación Galega o mercado soe rematar a media tarde, o Pontevedra Club de Fútbol acaba de anunciar unha nova fichaxe para a dianteira: Juan Carlos Fernández Marín, máis coñecido como «Pitu» incorporase esta semana mesmo á disciplina granate.
Pitu procede de terras catalás, mais en concreto da UE Cornellà, onde fichou esta tempada procedente do Orihuela. Pitu ten 20 anos, pode xogar en tódalas posicións da dianteira e formouse nas categorías inferiores da UD Levante, xogando no juvenil fai dúas temporadas para marchar cedido ao Orihuela CF onde xogou 29 partidos e marcou 2 goles. Na UE Cornellà xogou 5 partidos participando un total de 97 minutos no equipo catalá.