Unha nova situación excepcional ábrese ao ter un novo partido en casa e continuar tendo as limitacións de aforo no Estadio de Pasarón. Aínda sen saber se poderán asistir 150 persoas o mais, o clube puxo hoxe o límite para participar no sorteo de entradas para ver o partido ante o Salamanca CF UDS.
Para participar é necesario porse en contacto co club, enviando un correo electrónicos a [email protected] ou chamando ao número de teléfono 986 864 783 ata as 14:00 horas. Ese é o momento no que o club pechará a inscrición para o sorteo.
Un sorteo no que nesta ocasión non se comunicou se existirá algún tipo de preferencia para os que non asistiron a partidos anteriores, aínda que segundo puidemos saber dende PontevedraCF.Net, o club estivo a chamar aos que se apuntaron preguntando se xa asistiran a algún dos partidos anteriores. Unha pregunta algo estrana se temos en conta que isto, o rexistro de asistencia a partidos anteriores, debería ser un dato que o clube ten que ter na súa base e datos.
É de esperar que na tarde de hoxe mércores coñezamos os agraciados para asistir ao partido ante o Salamanca CF UDS, oitavo clasificado do Subgrupo A do Grupo I da Segunda División B.