Empeza a tempada e desde PontevedraCF.Net comezamos a anunciar as novidades que temos para esta nova etapa que comeza. Fondo Norte, o único podcast do Pontevedra Club de Fútbol, dá un paso máis para chegar a máis granates e a partir do mércores día 8 de setembro comezará a retransmitirse en Pontevedra Viva Radio.
O formato de emisión será en redifusión, é dicir, que o programa que se emite todas as semanas en directo os luns e publícase en formato podcast os martes, se redifundirá a través da radio de Pontevedra Viva os mércores pola tarde. A primeira emisión do episodio será o mércores ás 17:00 horas, pero segundo a programación semanal o programa podería volverse a escoitar na emisión sen interrupción de Pontevedra Viva Radio.
Como primeira novidade, este sábado emitiuse un programa especial de presentación no que todos os integrantes do podcast introduciron o programa aos oíntes de Pontevedra Viva Radio.
O podcast seguirá emitíndose todos os luns en directo a través das nosas canles de Youtube e Twitch, e os martes estará dispoñible en formato podcast a través das principais plataformas e tamén na nosa páxina web.
Esta é unha das novidades que queremos lanzar esta tempada, así que estade atentos ás nosas redes sociais porque veñen moitas máis sorpresas.