Fondo Norte Podcast crece con ‘La Previa’

| |

Hoxe Fondo Norte Podcast faise un pouco máis grande. Despois de máis de 70 episodios e dous anos e medio de actividade, a familia do podcast vai ter un novo integrante: ‘La Previa’, un novo programa semanal en directo que contará de forma directa e áxil todas as novidades do partido da semana.

Desde o seu nacemento, o obxectivo de Fondo Norte Podcast sempre foi mellorar en cantidade e calidade da información existente sobre o Pontevedra Club de Fútbol. ‘La Previa’ nace como complemento ao podcast dos luns e así cubrir de maneira máis extensa todas as novidades do partido que os granates xogan cada semana. O programa emitirase todos os venres a partir das 20:30 horas e contará con información sobre o equipo rival, declaracións de protagonistas e análises por parte do equipo de Fondo Norte Podcast.

‘La Previa’ estará dispoñible en directo a través das canles de Twitch e Youtube de PontevedraCF.Net e en diferido en formato podcast na páxina de Fondo Norte Podcast e as principais plataformas.. O primeiro programa será este venres 21 de xaneiro, onde se comentará todo o relacionado co derbi galego deste domingo contra a SD Compostela.

Anterior

Fondo Norte Podcast crece con ‘La Previa’

Vota por los mejores ante la SD Compostela

Seguinte

Leave a Comment