fbpx

Esta é a única maneira de que o Pontevedra clasifíquese para play off

| | ,

Dixémolo unha e mil veces pero seguímolo dicindo: esta tempada é unha e, como ben dixo esta xornada o adestrador do Coruxo, “para os que están dentro é unha merda”. Nunha xornada estás no ceo e na seguinte ás portas do inferno máis escuro e quente. O Pontevedra está nunha moi mala situación debido aos malos resultados pero aínda así, hai dúas lixeiras e remotas posibilidades de poder quedar sextos e clasificarnos para o play off á Segunda B Prol ou 1ª RFEF.

Estas dúas posibilidades, repetimos moi remotas e case imposibles, pasan todas por gañarlle ao Guijuelo o próximo 28 de marzo. Se se cumpre unha destas dúas carambolas e gañamos na última xornada, o Pontevedra será sexto, mantendo a actual división e tendo a posibilidade de participar no ascenso á 1ª RFEF.

Que o Racing perda os seus 3 partidos

Se o Racing de Ferrol perde os seus 3 partidos, nós adiantariámoslle con 24 puntos, eles agora mesmo teñen 23, e quedariamos sextos e clasificados. Poderiamos mesmo acabar empatados coa SD Compostela a puntos xa que o equipo da capital de Galicia ten agora mesmos 24 puntos, pero a posición pouco importa para a seguinte fase unha vez estás clasificado.

Que o Racing empate un partido e perda os outros dous (e que encaixe moitos goles)

Se o Racing empata un partido, calquera, e perde os outros dous estaría con 24 puntos, os mesmos que teriamos nós se gañamos ao CD Guijuelo. Segundo o regulamento da RFEF, no caso de que se empate a puntos na liga regular, mirarase a diferenza de goles dos dous equipos. Agora mesmo o Racing ten unha diferenza de +6 e o Pontevedra unha diferenza de +1. O Pontevedra tería que marcar polo menos 3 ou 4 goles ao Guijuelo e o Racing de Ferrol recibir outros tantos nos 3 partidos que quedan. Unha carambola complexa e case imposible.

Son posibilidades remotas e case imposibles? Si, pero no fútbol todo pode pasar. E se non que llo conten ao Depor.

Anterior

La última jornada del Grupo 1A se celebrará el 28 de marzo con horario unificado

Rufo, Mario e Charles líderes en O GRANATE 20/21 a unha xornada de terminar a primeira fase

Seguinnte

Deixa un comentario