fbpx

Brian Jaén abandona a disciplina do Pontevedra CF

| |

Brian Jaén xa non é xogador do Pontevedra Club de Fútbol. O porteiro andaluz que chegou ao Pontevedra procedente de Cádiz despediuse dos siareiros granates a través dunha nota nas redes sociais. «Me gustaría haber hecho más» é unha das frases que contén o comunicado de Brian, xa que malia que o porteiro viña a ser unha alternativa na portería a Edu Sousa, o gaditano non tivo case oportunidades para mostrar a súa calidade. E, cando a tivo, non deu a imaxe que se esperaba de el.

Esta primeira baixa confirma que o periodo de fichaxes xa está en marcha na Segunda B. Nos próximos días espérase que o clube comece a facer movementos de cara a planificar a seguinte tempada, unha das mais importantes nos últimos anos para o Pontevedra Club de Fútbol, xa que pode ser un punto de inflexión ao crearse na tempada 2021-22 a nova liga, a Segunda B Pro (nome provisional) que estará destinada a ser de corte máis profesional e competitivo.

Anterior

Ola!

Jaouad Erraji ya no es jugador del Pontevedra

Seguinte

Relacionado

Brais Abelenda vuelve y ficha por el Pontevedra CF

La frase bíblica del regreso del hijo pródigo se aplica hoy a la actualidad del Pontevedra Club de Fútbol. Brais Abelenda vuelve y ficha por ... Read more

Sonriamos porque ocurrió

Ayer terminó el sueño del Pontevedra CF de la Copa del Rey. Y lo hizo con la cabeza bien alta, siendo fiel a su estilo, ... Read more

Deja un comentario