Anxo Bastos ficha polo Pontevedra CF

| |

Primeira fichaxe do Pontevedra CF SAD para a tempada 2022-2023: Ángel Bastos defenderá a camiseta granate durante dúas tempadas.

A fichaxe anunciouse despois de confirmar desde as oficinas de Pasarón a Antonio Fernández como novo adestrador. O defensa de Mos vén do Raio Majadahonda despois de ascender hai dúas tempadas co equipo madrileño a Primeira RFEF. O defensa, que pode xogar nos dous laterais e tamén de central, xogou a tempada pasada 25 partidos de titular, tendo tamén protagonismo no play off de ascenso a segunda división que finalmente non conseguiron ao perder nos últimos minutos na semifinal contra o Albacete.

O defensa de 30 anos comezou a súa carreira profesional no Coruxo, para despois pasar por equipos como o Reus, o Estremadura ou a Cultural Leonesa, coa que conseguiu un ascenso. No Raio Majadahonda xogou 2096 minutos de titular, sendo un xogador imprescindible para os da meseta.

Anterior

Ángel Bastos ficha por el Pontevedra CF

Santi Figueroa marcha al Arosa SC

Seguinte

Leave a Comment