Antonio Fernández Rivadulla é o novo adestrador do Pontevedra CF

| | ,

Algúns poderían dicir que foi sobre a bucina, pero o certo é que o Pontevedra a poucos días de comezar oficialmente a pretemporada xa anunciou quen dirixirá ao persoal desde o banco de Pasarón: Antonio Fernández Rivadulla é o novo adestrador do Pontevedra Club de Fútbol

O técnico de Ourense provén do CD San Roque de Lepe, onde adestrou ao primeiro equipo desde a tempada 2019-2020 e conseguiu o ascenso a Segunda RFEF na 2020-2021. Segundo os anuncios de ambos os equipos, chegouse a “un acordo polos dereitos federativos” do adestrador, o que quere dicir que este aínda tiña contrato cos de San Roque e o Pontevedra decidiu executar a fichaxe.

Antonio Fernández ten 43 anos, naceu en Ourense e ten pasado granate: militou en Terceira División co Pontevedra CF na tempada 2011-2012. No seu pasado como adestrador podemos atopar equipos como o Vilalonga, Alondras ou o propio San Roque de Lepe.

Antonio Fernández Rivadulla será presentado hoxe en rolda de prensa desde Pasarón a partir das 17:00 horas.

Anterior

Alberto Rubio renova co Pontevedra CF

Anxo Bastos ficha polo Pontevedra CF

Seguinte

Deixa un comentario