O Pontevedra CF SAD anunciou aos xogadores que buscarán a primeira vitoria da tempada este domingo, contra o Bergantiños FC en Carballo. A lista dos que viaxarán no autobús granate resúmese en 19 xogadores. Coa baixa de Álex González por sanción, o adestrador contará con Álvaro Cortés, Samuel Araújo, Churre, Miguel Román, Javi Rey, Brais Abelenda, Rufo, Romay, Calvillo, Cacharrón, Alberto Rubio, Martín Diz, Daviz Soto, Charles, Yelko Piñeiro, Samu, Seoane, Pachecho e Iñaki.
Sorprende unha vez máis que Ángel non volva contar con dous xogadores con ficha do primeiro equipo como Santi Figuera e Pablo López. Os dous defensas pontevedreses parece que non contan nin tan sequera na situación actual, onde a actitude defensiva leva levantando dúbidas desde que comezou a tempada. Figueroa e López son agora mesmo os dous únicos xogadores en plantilla, xunto a Pacheco e Cacharrón, que non se puxeron a elástica granate en partido de liga.