Era un secreto a voces pero aínda non se fixo oficial: Álvaro Naveira deixa de pertencer ao Pontevedra Club de Fútbol. O club granate comunicouno a través do seu usuario de Twitter cunha concisa mensaxe, desexándolle a mellor das sortes e dándolle as grazas por vestir de granate.
O defensa, pola súa banda, tamén fixo o propio a través da súa conta de redes sociais, desexando tamén ao Pontevedra CF boa sorte para este ano que vén e agradecendo o ano pasado como granate.
Unha saída anunciada
A pesar de que levaba toda a pretemporada comentándose, despois da fichaxe de Xisco Campos a saída de Naveira estaba clara. E é que o lateral non tivo moita sorte nas súas participacións vestindo de granate. A pesar de vir do Arosa con bos informes, as súas aparicións limitáronse a uns poucos partidos a comezo de tempada, perdendo a confianza dos adestradores a medida que se celebraban os partidos. Na tempada 2019/20 acabou xogando de granate 8 partidos, sumando pouco máis de 500 minutos vestindo de granate.
Fichado polo CD Arenteiro
Case ao instante, unha vez anunciada a súa baixa polo Pontevedra e, como xa comentaramos no noso último episodio do podcast do Pontevedra CF Fondo Norte e en PontevcedraCF.Net, Álvaro Naveira fichou polo CD Arenteiro, onde se atopará con antigos granates que seguro que lle darán unha boa acollida.