Álex González preto de renovar co Pontevedra CF

| |

Comezan os movementos nas oficinas de Pasarón e todo indica que unha das estratexias da dirección deportiva vai ser tentar renovar aos xogadores que mellor rendemento deron a semana pasada. Un deles é Álex González que, según parece, estaría moi preto de renovar e seguir vestindo a elástica granate a tempada que ven.

O lateral esquerdo foi un dos xogadores máis utilizados durante a tempada pasada, sendo peza clave para todos os adestradores que pasaron durante a tempada 2019-20 no banco granate. O treintañero xogou 25 partidos, marcando tres goles ante Las Rozas, Atlético Baleares e Getafe B, xogando en posicións tan diferentes como lateral e extremo cando o equipo o necesitaba.

Ao parecer, Álex González é o único co que polo de agora contactou a dirección de deportiva según Diario de Pontevedra, pero é de esperar que nos próximos días teñamos máis noticias acerca do futuro da plantilla granate.

Foto ©Diego Torrado
Anterior

Jaouad Erraji xa non é xogador do Pontevedra

Jesús Ramos continuará como adestrador do Pontevedra CF

Seguinnte

Deixa un comentario