O Pontevedra sigue coa súa estratexia de anunciar tódalas altas seguidas. O seguinte é Aitor Núñez, lateral dereito de 32 anos procedente do DUX Internacional de Madrid.
O xogador madrileño incorporarase esta misma semana ás ordes de Jesús Ramos despois de facer unha boa temporada no equipo madrileño, no que xogou os 17 partidos, saíndo a metade como titular e a metade como suplente. Aitor é un bo coñecedor da categoría, xa que militou en equipos míticos como a Cultural Leonesa, o Eldense ou o Cádiz. Criado no filial do Atlético de Madrid, Aitor tamén tivo a oportunidade de debutar en Primera División co Rayo Vallecano e en Segunda co Tenerife.