Cando fas tantas fichaxes como está a facer o Pontevedra estes días, alguén ten que sair para deixar entrar aos que veñen. Ás coñecidas baixas de Nacho, Campillo, Alex e compañía súmase hoxe unha mais: Adhighibe. O dianteiro nixeirano cambia a cor granate polo blanquiazul, xa que acábase de anunciar a súa fichaxe polo Talavera CF
Adighibe cheogu ao Pontevedra a tempada pasada procedente do UD Adarve, sendo un dos dianteiros que mais chamaran a atención nos seus enfrontamentos co Pontevedra, mostrando un gran potencial. Malia que a súa entrega foi máxima, as lesións e a mala sorte fixeron que o seu rendemento non fora o desexado, marcando so 4 goles nos 25 partidos que xogou coa elástica granate (14 como titular).
Adighibe márchase co cariño da afección granate, que sempre premiou a súa entrega e as súas intencións.