Quo vadis fútbol? Quo vadis Pontevedra?

@tintobarrantes_ avatar

@tintobarrantes_ é un dos usuarios mais activos en Twitter na esfera granate. Cando non está contabilizando os goles de Charles, analiza o futbol non profesional dende unha perspectiva persoal na súa conta de Twitter. Hoxe escribe como firma invitada sobre a situación do Pontevedra CF SAD.

En primeiro lugar gustaríame agradecerlle aos catro integrantes de PontevedraCF.Net a labor que fan durante o seu templo libre sobre o noso club e, en especial a Manuls polo interese que puxo en 4 ideas chafalleiras que soltei nun fío de Twitter para que as xuntase neste texto da mellor forma posible e sen divagar demasiado, o que en min, como ides comprobar, é difícil.

Cara onde vai o fútbol? Vós sabédelo? Eu non. Nestes tempos de mercantilización extrema deste deporte onde as vellas dinastías futbolísticas europeas venderían ata a alma dos seus socios e as novas se forxan a base do diñeiro máis manchado, xorden tamén proxectos coma o de Unionistas que ilusionan a xente que nalgún momento seguro que chegou a pensar que o seu sentimento morrera. E en que parte de todo iso está o Pontevedra?

Eu sitúonos en certa indefinición. Sinalaba Pablo Cacheda nun dos programas desta comunidade unha frase de ‘Luisito’ que considero bastante acertada, algo así como que o ‘Hai que roelo’ é o peor que lle pasou ao Pontevedra. Sexa por iso ou polo excelente inicio deste século coa tempada en 2ª e outras 7 en fase de ascenso, hai xente que, co debido respecto, parece non saber ou non quere admitir o que somos. O Pontevedra na historia da 2B, omitindo esa década na que vivimos por enriba das nosas posibilidades e case acaba co club, xogou 2 fases de ascenso a 2ª e o posto medio é 8º-9º (incluíndo nesta media dita década). Aínda que sexamos o 4º equipo no histórico da 2B en puntuación entendedes a que me refiro, non? Eses nervios, esa pouca calma, eses pitos, en definitiva, esa decepción constante por non ascender. Dicir, claro está, que este é un chamamento á humildade, á paciencia, non ao conformismo.

Xunto con esa “indefición” tamén existe algo espectacular que é esa tremenda fidelidade que se pode ver polos campos de España nos que case sempre hai algún granate seguindo ao equipo (cantos equipos poden presumir dunha peña coma ‘Territorio granate’?) como se puido comprobar en Langreo o pasado sábado. Esa fidelidade está presente tamén en Pasarón pero onde, queiramos ou non, cada vez parece que cun número de xente máis reducido. Polo tanto, cara onde vai o Pontevedra?

O Pontevedra e calquera equipo sempre estará vivo cunha masa social viva, o que inclúe aos máis críticos que nalgunhas esferas ata se consideraron “haters acallados” nalgunha ocasión. Pero con iso non basta. Temos que manter o sentimento e garantir o relevo, o que non depende só de nós. Non teño datos máis alá do que se pode ver nas gradas e, o que vemos, é cada vez unha masa social máis avellentada. Aí debe entrar o club e non só con descontos para sub 16 nas entradas, caras de por si en todo o contexto futbolístico certamente.

Vivimos nunha época cambio, temos que ser conscientes, o fútbol pasou de ser unha das poucas alternativas de ocio a ser unha de tantas. Por se non fora pouco, vivimos nun país dividido polo interese do negocio entre Real Madrid e FC Barcelona, e incluso tamén temos a Celta e Deportivo. Sen embargo, o Pontevedra ten algo, unha bitola que a pesar de todo atrae a xente de moitos tipos e de moitos lugares incluso fóra da propia cidade de Pontevedra, un potencial que hai que entender e aproveitar. Nese mesmo sentido, o Pontevedra dispón dun estadio con moi bo acceso tanto a pé coma en vehículo, e que ademais é confortable e visualmente perfecto para o afeccionado. Con eses condimentos comparto o pensamento de que un ascenso a 2ª solucionaría ese pesimismo social que temos, mais sendo realistas con só 1 tempada das últimas 44 en 2ª non é algo co que poidamos contar con facilidade. Hai que construír algo que axude ao equipo a chegar deportivamente a onde queremos máis que confiar en que serán os resultados deportivos os que nos leven a esa melloría social.

O traballo de ter contenta e mellorar unha masa social é duro, seguro que na maioría de ocasións desagradecido e o cal require moita paciencia, porque hai veces nas que non se vén froitos no curto prazo, porque criticamos todo o que se fai, etc., mais é un traballo que sempre é positivo para o club, tanto deportivamente como economicamente, sobre todo nestas categorías onde os dereitos televisivos non acostuman ser o principal ingreso.

Non pretendo presentarme máis listo que a directiva e ofrecer unha listaxe de ideas porque creo que algunhas tenas en mente todo socio (e tamén as terá a directiva) e tampouco quero dar a entender que a miña é a receita do éxito, porque non é así nin sería xusto para a xente que traballa no club. Eu nin sequera son o máis axeitado para dar ningunha lección, son un máis. Aquí só hai unha expresión de sentimento granate co obxectivo de alentar a que non decaia o iniciado este ano cunha boa campaña de socios e a non renderse de pensar que non se acadaron obxectivos, animar a que siga habendo melloras coma en redes sociais nos últimos tempos e reflexionar no que se pode mellorar socialmente, sexa en presenza na cidade do club, en comunicación ou sinxelamente no trato ao socio, porque con máis xente e máis unión roelo será máis sinxelo.

2 comentarios en «Quo vadis fútbol? Quo vadis Pontevedra?»

  1. Genial articulo. No puedo estar mas de acuerdo con lo expuesto en el. Se necesita hacer algo para involucrar al club en la ciudad y sobre todo atraer a gente joven al estadio. No creo que entradas a 15 euros en los fondos sea la y la casi nula presencia en la ciudad sea la solucion.

    El otro dia escuche en la podcast que la gente no se quejase del precio de las entradas que si te hacias socio era bastante barato, cosa que no dudo pero gente que nunca ha ido al estadio o se ha involucrado con el equipo rara vez se hara socio de buenas a primeras.

    Sinceramente creo que nuevas iniciativas para atraer a jovenes (como presencia la presencia y participacion en las redes y precios entradas) y nuevas formas de participacion del socio dentro de la estructura de decision del club (tipo Unionistas) son necesarias para mantener con vida al club.

    Un saludo y gracias por el podcast que haceis todas semanas, se aprecia mucho!

    Responder
  2. Leva a Charles unha tarde á verdura a facer carnés de socio.

    Leva a Alex, Rufo e Romay outra tarde a xogar un 3×3 cos nenos e nenas na Plaza de España, mentras se venden entradas e se fai algún carné.

    Monta outra tarde unha tenda itinerante baixo a Peregrina atendida por Churre e Seoane na que se vendan restos de stock e se promocinen as novas prendas.

    Sorprende con Roman e Oier á saída do colexio en Barcelos regalando unhas pegatinas ou unhas chapas do Pontevedra.

    Planta a Roelio nas Palmeras cun posto de venta de entradas e regalando globos aos máis pequenos.

    Fai a entrga do xogador do mes nun bar do centro previo aviso en redes e no periódico para que a xente poida acercarse.

    Iniciativas… Coste 0.

    Responder

Deja un comentario