Segunda xornada da tempada e segunda votación do Trofeo O Granate 20/21, o premio que busca premiar a regularidade da plantilla granate a través dos votos da plantilla e dos membros de Fondo Norte Podcast.
O partido ante Unionistas tróuxonos un empate e unha nova votación, na que saíron gañadores Mario, Charles e Oier como mellores xogadores segundo a afición. No caso dos membros do podcast os mellores foron Mario, Adrián Cruz e houbo un empate entre Charles e Eneko, polo que se levan 3, 2 e 1 punto cada un.
Así quedan as clasificacións
Clasificación aficción
| Xogador | Puntos |
|---|---|
| Oier | 4 (+1) |
| Mario | 3 (+3) |
| Imanol | 2 (+0) |
| Charles | 2 (+2) |
| Romay | 1 (+0) |
| Adrián Cruz | 1 (+1) |
Clasificación Fondo Norte Podcast
| Xogador | Puntos |
|---|---|
| Oier | 3 (+0) |
| Mario | 3 (+3) |
| Imanol | 2 (+0) |
| Adrián Cruz | 2 (+2) |
| Alex González | 1 (+0) |
| Eneko | 1 (+1) |
| Charles | 1 (+1) |
1 comentario en «Mario, Charles e Oier escollidos como mellores xogadores do Pontevedra – Unionistas»