Xisco Campos reforza a defensa granate

| | Fichaxes

Xisco Campos xa é granate. O veterano central firmou o pasado sábado nas oficinas de Pasarón e xa está ás ordes de Jesús Ramos vestindo de granate e completando a plantilla do Pontevedra CF. Dende a apertura do mercado de fichaxes sempre se comentou que viría un central categoría e o certo é que os rumores non se equivocaban: Xisco é un xogador experienciado con nome en todas as divisións do fútbol español.

Francisco Javier Campos Coll, máis coñecido como Xisco Campos, é un central de 38 anos procedente do RCD Mallorca, equipo ao que volveou despois de formarse na súa canteira para sacalo da Segunda B e ascender con equipo á Segunda División e mais tarde a Primera División.

Xisco se caracteriza por ser un home de vestiario, dos que levan o brazalete de capitán con orgullo e dirixen ao equipo dende a defensa, polo que será un complemento perfecto para Churre. Ven de xogar en Primera División 11 partidos co RCD Mallorca despois de ascender ao equipo bermellón fai dúas tempadas dende a Segunda División.

Pendientes da saída de Naveira e cos sub-23 sen confirmar

A chegada de Xisco fai que o clube teña saturación de fichas senior, polo que se espera que Naveira se desvincule do clube nas próximas horas, posiblemente camino ao Arenteiro onde se atopará con ex granates como Javi Pazos ou Alex Fernández. Da mesman maneira, o clube a través de Twitter “confirmou” varios xogadores do filial que poderían ser parte do primeiro equipo. Poñemos as comillas porque a única confirmación destas fichas é unha presentación a través do usuario de Twitter de todos os xogadores da plantilla, pero non se sabe se terán fichas sub-23 ou xogarán no filial alternando, se Jesús Ramos o precisa, co primeiro euqipo. Os escollidos serían Javi Pacheco, Diego Dadín, Aitor Núñez e Pablo López.

Anterior

O Pontevedra CF comeza a tempada 2020-21

O Pontevedra xa coñece aos seus rivais para a tempada 2020/21

Seguinnte

Deixa un comentario

Exit mobile version