fbpx

Un Guèye arrepentido di agora que se quere quedar

| | ,

A historia interminable entre Libasse Guèye e o Pontevedra CF SAD escribiu unha nova páxina, pero non a última. O de Senegal deu hoxe, e con interprete mediante, a súa primeira rolda de prensa como xogador do Pontevedra para dar as súas explicacións pola falta de consideración #ante afección, compañeiros e club ao que representa ao non presentarse ao seu posto de traballo logo de marcharse ao seu país para as vacacións en nadal e, tal e como comentaron desde o club, para tamén arranxar a súa documentación de visado.

Sancionado

A rolda de prensa foi aberta polo Director Xeral do Pontevedra CF, Marcos del Río, quen confirmou que a Guèye abríuselle un expediente disciplinario con sanción económica elevada, sen precisar nin desde o club nin desde a parte do xogador a canto ascende esta cantidade.

Por outra banda e mentres a medida do expediente siga aberta o futbolista deberá regresar ao seu posto de traballo, algo que deberá facer mañá mesmo no segundo adestramento da semana tras o descanso da xornada de hoxe. Antes do adestro Guèye deberá verlle as caras aos seus enfadados compañeiros para pedirlles desculpas, explicarlles o ocorrido e ver que opina o vestiario do seu posible regreso, sexa momentáneo ou definitivo.

O club reunirase co axente de Libasse este xoves

Máis reunións

Como dixemos, a páxina hoxe escrita nesta novela senegalesa non é a última. Aínda queda moita tinta que gastar escribindo novas entregas dunha historia que desde Pontevedra estamos condenados a vivir pos fascículos a pesar de que pasaron case tres meses desde a penúltima entrega editada ata hoxe.

Este xoves volverá haber novidades cando o representante do futbolista acuda á cidade para tratar de negociar este expediente disciplinario co club e ver como se resolve o futuro de Guèye. Non hai ningunha opción descartable, nin que se marche rescindido nin que volva vestirse de curto. Todo queda pendente da reunión entre axente e club. Un axente, por certo, ao que Guèye na súa rolda de prensa non dubidou o culpar dicindo que seu foi o consello de optar por quedar no seu país.

Poucos minutos

As explicacións do xogador de 19 anos foron claras. Libasse non regresou ao seu posto de traballo porque non estaba contento cos minutos que lle daba Antonio no campo e tiña a súa decisión tomada, ou polo menos iso dixo na súa comparecencia, antes mesmo do dobrete #ante o Tenerife co que deixou tan bo recordo antes do seu acto de indisciplina. O cambio de adestrador parece que tampouco lle animou a regresar, polo que non parece tampouco un problema co técnico.

Guèye comentou que se enviou mensaxes coa presidenta para dicirlle que non estaba contento con esta situación e que quería ser traspasado. En ningún caso nestas mensaxes expúxose a posibilidade de que non regresase a Pontevedra.

Perdón

A rolda de prensa de hoxe foi aproveitada por Libasse para pedir perdón a “todos os habitantes de Pontevedra”, á afección, ao club e tamén aos xogadores dos cales recoñeceu que lle parece “normal” que estean enfadados con el.

Guèye salientou especialmente en tres nomees de peso de dentro do vestiario: Álex González, Charles e Rufo. Tres compañeiros hoxe doídos con el pero aos cales quixo agradecer o trato nos momentos nos que “non estaba ben”. Isto non fai outra cousa que confirmar a calidade humanda que existe neste vestiario ao que Libasse traizoou.

Quérese quedar

O xiro de porca a toda esta historia vén na intención e vontade do ex canteirán do Valencia. E é que, contra todo prognóstico, agora Libasse di que se quere quedar. O apoio da afección (o que tiña no seu momento, non agora) e o de “algúns” compañeiros fixo que cambie de idea tras varias semanas afastado do que é o día a día dun futbolista.

Guèye admitiu que o que fixo “foi un erro” e que debería regresar en día e hora para resolver as súas diferenzas co club de maneira directa e non a través dos seus axentes e sen moverse de Senegal.

Anterior

Vota por los mejores ante el Algeciras CF (1-0)

Volven as invitacións para socios no partido contra o Linares

Seguinte

Deixa un comentario