O Pontevedra viaxa este domingo a Salamanca para visitar o campo do líder, o Unionistas de Salamanca coa necesidade de cambiar moitas cousas. Cambiar, para comezar, derívaa negativa que levou o equipo nos últimos partidos: catro encontros sen gañar nunha liga tan curta son máis que suficientes para que tanto persoal como corpo técnico sexan conscientes da situación, de que hai que poñer a man no corazón, no escudo, e saír a gañar desde o minuto uno un partido que non se antolla sinxelo.
Cambios tamén ten que haber na aliñación. Coa volta de Charles da sanción, a baixa de Rufo e a benvida a Damiá, Jesús Ramos ten que ver máis aló dos dous sistemas que utilizou en toda a tempada e realizar cambios para que o equipo logre os tres puntos. A ausencia de Rufo é importante, pero non pode ser unha desculpa para un equipo que leva 3 goles marcados nos últimos 4 partidos. Quizais a presión de ser a referencia arriba teña que caer sobre algún xogador do filial, pero é responsabilidade de todo o equipo poñer as ganas e a intensidade para dar un xiro de temón e traerse os 3 puntos de Salamanca.
Dicímolo moito, pero nunha liga tan corta a diferenza entre o ceo e o inferno son sete días. E é que se aínda que o Pontevedra estea agora mesmo a 3 puntos dos postos de honra, o partido aprazado contra o Guijuelo pesa tanto negativa como positivamente no equipo e a afección, que ven como as suspensións de partidos en liga sucédense, polo que a fase regular vai finalizar moito máis tarde que o 21 de marzo.
Pola parte do equipo local, os salmantinos reciben aos granates coa tranquilidade temporal de ser primeiros a 6 puntos dos postos de honra de ascenso directo a 1ª RFEF. Hernán Pérez recupera a Héctor Nespral para o centro do campo despois de ser baixa por Covid, polo que contará con todos os seus efectivos para enfrontarse o Pontevedra Cf. O Unionistas caracterízase por un xogo pechado, ao que non lle importa non ter a pelota e ao que lle gusta esperar para ter as súas oportunidades. Un tipo de xogo que non é o máis adecuado para un Pontevedra que se caracteriza polos balóns directos e a velocidade nos contragolpes.
O partido xogarase este domingo ás 16:00 horas, podéndoo gozar a través da plataforma televisiva Footers.