Seoane volve e Álex González se cae ante o Castilla

| |

Xa coñecemos os 20 xogadores que van viaxar a Madrid a enfrontarse ao Castilla este domingo ás 12 da mañá. Ás xa coñecidas baixas por sanción de Churre e Brais Abelenda, uníuselle a baixa de Álex González. O capitán sufriu un golpe nos adestramentos desta semana e ía ser dúbida ata o final, polo que o equipo técnico ha decidido, despois de ver a evolución do seu estado, que non viaxe a terras madrileñas co resto do equipo.

O que volve é Diego Seoane, que tras a ausencia da semana pasada debido a unha pequena lesión no partido contra a Cultural Leonesa, volve estar na convocatoria e está dispoñible para participar no partido contra o filial do Real Madrid. O escollido para suplir a ausencia en defensa foi Sergio Abal, que volve a unha convocatoria despois da última diante do Celta B. Abal é o único xogador (xunto a Viktor, o terceiro porteiro) que foi convocado algunha vez que non disputou minutos esta tempada. Tamén retornan á convocatoria Libasse Guèye tras a súa convocatoria de seleccións e Yelko Piñeiro despois da súa sanción por amarelas a semana anterior.

Con case o equipo de gala dispoñible, ábrese a incógnita do once inicial que sacará Antonio contra o Castilla. A posibilidade que colle máis enteiros sería a volta de Araújo ao once, con Luís Martínez de central e Bastos ou Seoane na banda. No centro do campo é posible que volva a dupla Yelko Román, para deixar as bandas a Oier e Rubio e arriba, como fixo na xornada anterior, Charles e Diz.

Os escollidos para xogar contra o Real Madrid Castilla son: Álvaro Cortés, Bastos, Samu Araújo, Miguel Román, David Soto, Rufo, Yelko Pino, Oier Calvillo, Libasse, Pablo Cacharrón, Alberto Rubio, Martín Diz, Alex Masogo, Mario Ortiz, Charles, Bakero, Borja Domínguez, Seoane, Luis Martínez e Sergio Abal. O partido celebrarase o domingo 6 de novembro ás 12:00 da mañá, retransmitido por Real Madrid TV e Insports TV.

Anterior

Seoane vuelve y Álex González se cae ante el Castilla

Vota por los mejores ante el Real Madrid Castilla (1-0)

Seguinte

Leave a Comment