Seoane sofre unha escordadura de grado I

| | ,

Boas noticias desde a enfermería do Pontevedra Club de Fútbol. O club acaba de comunicar que, despois de habérselle practicado unha resonancia magnética, Diego Seone sofre finalmente unha escordadura de nocello de grao I. A lesión do defensa clasificouse inicialmente como unha escordadura de grao Ii con afectación de ligamento, pero as probas realizadas hoxe ensinan un panorama máis positivo.

Este cambio no diagnóstico significa que o defensa estará de baixa como máximo dúas semanas, polo que se perderá case con total seguridade o partido contrao Móstoles pero podería estar dispoñible para viaxar a Madrid e enfrontarse ao Leganés B dentro de 15 días, xa que este tipo de lesión permite comezar a recuperación pronto sen prexuízo para o xogador.

Anterior

Vota por los mejores ante la SD Compostela

Charles se destaca en la apretada clasificación de O GRANATE 21/22

Seguinte

Deixa un comentario