Seoane segue recuperándose e non viaxará a Leganés

| | ,

O Pontevedra CF prepárase para visitar ao único equipo que lle gañou en Pasarón esta tempada, o Leganés B. O equipo viaxará a terras madrileñas case na súa totalidade, coa convocatoria segura de Yelko Piñeiro volvendo despois da súa sanción e a máis que probable volta ao once inicial de Miguel Román, que despois de recuperarse do seu proceso gastrointestinal estará dispoñible ao 100% para Anxo Rodríguez. O que non estará en Leganés é Diego Seoane, que non dispón aínda do alta deportiva.

Segundo palabras de Anxo Rodríguez na rolda de prensa previa ao partido, Seoane estivo adestrando á marxe e o corpo técnico decidiu ser prudente e esperar uns días máis para asegurar a recuperación e “non arrastrar lesións o resto de tempada”.

Preguntado por como é o Leganés B na súa casa, o adestrador granate apuntou: “En casa é moi atrevido, ten xogadores moi poderosos. Temos claro o que debemos facer para sacar unha vitoria no seu feudo”. O equipo ao que se enfrontará o Pontevedra o sábado é bastante diferente ao visto na primeira volta, xa que tivo varias baixas e altas. Sobre isto Anxo apunto que “sempre tes a dúbida de que once vai presentar porque hai mozos que apuntan a categorías superiores. É un equipo que manexa ben o balón, que corre nos espazos… que ten máis virtudes que defectos, recibe poucos goles en transicións e en xogadas pouco elaboradas”

O Pontevedra CF enfrontarase ao Leganés B o sábado a partir das 16:00 horas nas Instalacións Deportivas de Butarque. O partido será retransmitido pola plataforma Footters.

Anterior

Vota por los mejores ante el CD Móstoles

Escoge a los mejores ante el Leganés B

Seguinte

Deixa un comentario