Rufo sofre unha escordadura no ombreiro e podería chegar xogar contra o Celta B

| | ,

Rufo sofre unha escordadura acromioclavivular de grao 1. Todos os malos agoiros sobre a lesión do dianteiro disipáronse hoxe co resultado da resonancia realizada esta semana. Aínda que a lesión ten un nome complicado, en realidade é unha escordadura de ombreiro e, como calquera escordadura de grao 1 dunha articulación, ten un tempo de recuperación curto.

A recuperación deste tipo de lesión en deportistas profesionais adoita oscilar entre 2 e 3 semanas, todo dependendo de se o xogador ten dor e a evolución da lesión. Se todo vai ben, Jesús Ramos podería contar con Rufo para o partido contra o Celta B o 31 de xaneiro en Barreiro. E é que este tipo de lesión permite xogar se non hai moita dor e realízase unha vendaxe e protección adecuadas da zona.

📸 Faro de Vigo

Anterior

O club busca dianteiro sub-23 para substituír a Rufo

Martín Diz, Mario y Santi Figueroa escogidos como mejores jugadores ante el Racing Club Ferrol

Seguinte

Deixa un comentario