Rubén González sustitúe a Roberto Feáns como adestrador do equipo cadete

| | ,

Cambios nas categorías inferiores do Pontevedra Club de Fútbol. Hoxe coñecemos a noticia de que Roberto Feáns deixaba de ser adestrador do equipo Cadete do Pontevedra CF para centrarse, única e exclusivamente, ao Xuvenil que limita en División de Honra. Ata o de agora, Feáns adestraba aos dous equipos de maneira paralela, pero decidiuse que non siga sendo así e escolleuse a Rubén González como o seu substituto.

Rubén González é un vello coñecido pola afección granate. Visitou varias veces Pasarón vestindo a camiseta do Real Madrid Castela e na mente de moitos siareiros non está a mellor das imaxes deste ex-xogador agora no papel de adestrador. O equipo Cadete milita agora mesmo no Subgrupo B da División de Honra galega, con equipos como Celta, Valmiñor, Ciudad de Santiago ou Rápido de Bouzas. Só conseguiu 4 puntos dos 24 posibles e está penúltimo na clasificación.

Anterior

Jaichenco e Romay viaxarán a Avilés co resto do equipo

Vota por los mejores ante el Real Avilés

Seguinte

Deixa un comentario