Romay será baixa ante o Zamora por un problema muscular

| | ,

Tardaban en chegar os problemas de lesións a Pontevedra, e fíxoo nin mais nin menos que na cuarta xornada desta tempada tan atípica.

Segundo PontevedraViva, xa que o club non dixo nada oficialmente para variar, Romay será baixa para o partido diante do Zamora CF por un problema muscular, máis concretamente na zona dos isquiotibiais. Ao parecer, o mediocentro terminaría o partido contra o Celta B con molestias e, despois de facerlle probas, descubriuse que sofre unha pequena elongación nos isquios.

Esta pequena lesión non é de gravidade e, en principio, non lle afastará dos terreos máis que unha xornada. Ademais, verase beneficiado polo descanso dunha semana que se toma a Segunda B, xa que a competición volverá á acción o 22 de novembro despois da xornada desta fin de semana.

Romay é, de momento, a única baixa de Jesús Ramos para o partido #ante o Zamora CF, tendo Jesús Ramos ao resto do persoal dispoñible.

Anterior

O Pontevedra gaña ao Celta B convencendo (2-1)

Pacheco e Iñaki principais novidades da convocatoria para Zamora

Seguinte

1 comentario en “Romay será baixa ante o Zamora por un problema muscular”

Deixa un comentario