Pacheco e Iñaki principais novidades da convocatoria para Zamora

| | Partidos Pontevedra CF, Previa

Despois de dúas semanas xogando na casa, o Pontevedra viaxa por segunda vez fora de Pasarón para tentar conseguir os tres puntos. Acabamos de coñecer a convocatoria e trae dúas novidades: a inclusión de Pacheco e Iñaki como xogadores dispoñíbles para recibir as ordes de Jesús Ramos.

Estas dúas novidades veñen precedidas pola ausencia de Romay por lesión muscular. Que o mediocentro falte quere dicir que os granates necesitan un pouco máis de reforzo, de aí a aparición de Iñaki na convocatoria. De seguro que Jesús Ramos optará por repetir o once inicial que saiu no partido contra o Celta B, pero a inclusión de Iñaki na convocatoria significa que o adestrador quere seguir tendo recambios no medio do campo, unha liña á que se lle está dando moita importancia dende comezo de temporada. Pacheco é unha peza mais que pode valerlle a Ramos para cambiar na defensa no canto de que o partido necesite reforcer esa liña. O resto da convocatoria granate é Mario, Cortés, Aitor, Santi Figueroa, Churre, Pol Bueso, Zabaleta, Iñaki, Xisco, Borja, Adrián Cruz, Imanol, Alex González, Oier, Martín Diz, Óscar, Jorge, Rufo e Charles.

No canto do Zamora, o equipo chega colíder empatado a 7 puntos co Pontevedra CF. O equipo recén ascendido é unha das revelacións deste comezo de tempada, conseguindo dúas victorias a Coruxo e a Guijuelo e sendo capaz de remontarlle ao Racing de Ferrol un 2-0 en A Malata. David Movilla, adestrador do Zamora, disporá de todos os seus xogadores e terá unha pequena ventaxa ante o Pontevedra: 1135 espectadores poderán ver o partido en Ruta de La Plata despois de que a Junta de Castilla y León autorizara a asistencia pese a situación epidimiolóxica.

Anterior

Romay será baixa ante o Zamora por un problema muscular

Mario, Eneko, Oier, Adrián Cruz e Álex escollidos como mellores xogadores do Pontevedra – Celta B

Seguinnte

Deixa un comentario

Exit mobile version