Oier Calvillo súmase á plantilla granate

| | ,

A plantilla granate xa está amosando a súa forma final coas últimas incorporacións: Oier Calvillo é a nova incorporación ao plantel que dirixirá Jesús Ramos na tempada 2020-21. O xogador vasco ven de xogar no Osasuna Promesas durante o último ano e medio a cabalo entre a Tercera División e a Segunda B. A súa carreira comezou na Real Sociedad B, equipo no que xogou os seus catro primeiros anos, para logo ser fichado en inverno polo Osasuna Promesas.

A demarcación de Oier é extremo dereito e estaba considerado como unha das perlas do Osasuna Promesas que ía acabar no primeiro equipo, pero parece que por non poder pertencer ao filial e xogar con primeiro equipo debido á súa idade e pola finalización do seu contrato, o xogador decidiu vir a Pontevecdra. Aos seus 24 anos, Oier ten moita capacidade de desborde pola súa potencia e tamén se lle da ben tirar faltas, xa que marcou o ano pasado varios goles a balón parado.

Etiquetas
Anterior

Adighibe abandona el Pontevedra y ficha por el Talavera

Deja un comentario