O Pontevedra CF SAD renova a súa imaxe na internet. No día de onte e cunha concisa mensaxe nas súas redes sociais, a entidade presentou o que vai ser a súa nova páxina web de aquí en diante. Aloxada, como a anterior, no dominio pontevedracf.com, este novo sitio web presenta unha nova e máis limpa imaxe e lanza unha novidade: a posibilidade de facer xestións en liña como a renovación ou alta de abonos e tamén a compra de entradas en liña para cada partido.
A posibilidade de comprar entradas en liña xa está dispoñible e pódese facer a través desta ligazón, no cal poderemos comprar entradas para o partido desta semana. O que aínda non se pode é comprar entradas para partidos futuros xa que a plataforma que usa a entidade só mostra o encontro contra o San Fernando CD.
No novo sitio web tamén se pode consultar o persoal do primeiro equipo, ver o saúdo da presidenta ou informarse máis sobre a entidade en termas como o estadio ou a propia historia do club. A páxina só está dispoñible en castelán e aínda está moi verde, xa que se nota a ausencia doutros contidos como as categorías inferiores, contidos multimedia como fotos ou vídeos históricos ou o simple feito de ter novos contidos e non as reciclaxes de fai máis de seis anos, algo que tería que ser un debe nunha páxina web que representa a un club histórico como o Pontevedra Club de Fútbol.