Coma se un paiaso saído dun pastel se tratase, hoxe o Pontevedra Club de Fútbol SAD volveu a dar sinais de vida e informar os afeccionados e simpatizantes de algo do club. O usuario de Twitter do club enviou unha mensaxe en Twitter confirmando a continuidade de Jesús Ramos como adestrador, algo que xa se sabía desde fai máis de mes e medio pero que, en realidade, nunca se confirmou de maneira oficial desde as oficinas de Pasarón.
O club enviou un comunicado cualificado este período como «un período de inactividad diaria del Club», poñendo como razón «la grave crisis sanitaria que estamos viviendo» Segundo o mesmo comunicado, o club volve ter noticias que compartir xa que seguiu traballando en «circunstancias excepcionales en un proyecto ilusionante como esperamos que sea la temporada 20/21».
Desde as oficinas de Pasarón tamén se afirmou no comunicado enviado hoxe que a partir de mañá irase facilitando información para a tempada que vén. É de esperar que nos días que veñen fálese da nova campaña de socios, a compensación dos abonos do ano pasado e, como non podería ser doutra maneira, das novas fichaxes e das baixas que haberá no persoal
Novas baixas: Nacho, Alex Fernández, Pedro Vázquez, Campillo e Berrocal
Hoxe tamén se coñeceu cinco novas baixas que se unen ás xa coñecidas de Brian e Jaouad Erraji: Campillo, Alex Fernández, Pedro Vázquez, Nacho e Berrocal non formarán parte do persoal granate na nova tempada, polo que as novas fichaxes virán para cubrir estas e outras novas baixas que se coñecerán nas próximas semanas.
Entre estas novas noticias que se dará esta semana, espérase que aparezan os nomes de Alex González e Romay, os cales tiñan unha oferta de renovación por parte do club encima da mesa e a cal seguramente foron aceptadas por ambos os xogadores, formando parte do novo plantel da tempada 2020-21 do Pontevedra CF