fbpx

O Pontevedra CF consegue máis de 500 abonos nunha semana

| |

A Campaña de Abonos do Pontevedra vai vento en popa. Despois de lanzarse a semana pasada con novidades importantes, no día de onte puidemos saber que despois dunha semana que renovacións e novas altas, o Pontevedra Club de Fútbol supera xa os 500 novos abonos.

Este dato foi proporcionado polo Director Xeral do Pontevedra CF SAD Marcos Do Río durante o episodio número 54 de Fondo Norte Podcast. Nel, Do Río comentou tamén que este número era contando tanto as renovacións de novos socios como as novas altas, as cales estas últimas estaban a ser moito máis numerosas en porcentaxe que a media da campaña de abonados do ano pasado.

Ao ser preguntado se estas cifrase estaban por encima do obxectivo fixado polo club, o director xeral comentou «leva moi pouco a campaña polo que imos esperar para valorar un obxectivo realista». Ademais, aclarou que o novo tipo de abono creado este ano chamado «Diáspora Granate» vale tanto para novas altas como para renovacións, algo que non estaba do todo claro nos anuncios do club tanto en papelería como en versión dixital.

Aos comentarios, feitos por moitos afeccionados ao lanzarse a campaña de abonos, sobre os prezos desta nova tempada, Marcos comentou que «os abonos van en consonancia co que é o club e co que é o estadio. Non é o mesmo abrir Pasarón que outros estadios»

Anterior

El Pontevedra CF consigue más de 500 abonos en una semana

Iñaki, Pablo López y Miguel Román con ficha sub 23

Seguinte

Relacionado

Competición no admite ninguna de las protestas del CD Numancia

El Comité de Competición de la Real Federación Española de Fútbol ha resuelto la controversia surgida tras el intenso duelo entre el Pontevedra y el ... Read more

Entrada gratis para acompañante para ver el partido contra el Coruxo FC

Este domingo 23 de marzo a las 17:00 horas, el Estadio Municipal de Pasarón será el escenario de un nuevo partido de la Segunda RFEF ... Read more

Deja un comentario