Xa temos horarios oficiais para a primeira eliminatoria da Copa do Rei 2020/21. Neste novo formato ideado pola Real Federación Española de Fútbol os partidos levaranse a cabo durante toda a semana do 14 de decembro, tocándolle ao Pontevedra CF enfrentarse ao FC Cartagena o xoves 17 de decembro ás 20:00 horas.
Hai que recordar que esta primeira fase é a partido único e celebrarse no Estadio de Pasarón, por ser o Pontevedra o equipo menor na eliminatoria, xa que o FC Cartagena milita na actualidade en Segunda División. Para o Pontevedra este será o derradeiro partido que dispute no ano 2020 despois de xogar xusto ese fin de semana anterior en O Vao ante o Coruxo, un partido que non significará ningún tipo de desprazamento, polo que os xogadores granates non terán o handicap de pasar horas no autobús como si terá o FC Cartagena.
Polo momento non hai noticias sobre a asistencia a este partido, pero seguirase a normativa da Xunta de Galicia nese momento, que tanto pode ser a mesma que estes últimos días como mellorar ou empeorar, segundo evolucionen os datos da pandemia neses últimos días.