Xa temos de maneira oficial o calendario da Fase de Permanencia en 2ª RFEF na que participará o Pontevedra CF despois de non conseguir o obxectivo da tempada de clasificarse para ascender á 1ª RFEF. Segundo o calendario publicado pola Real Federación Española de Fútbol, o primeiro partido desta nova fase será en Pasarón contra o Club Deportivo Covadonga.
O partido celebrarase a fin de semana do 4 de abril, polo que ao ser en casa é de supoñer que se celebrará no horario habitual do Pontevedra como local: ás 17:00 horas, xa que non houbo, polo momento, ningunha directiva por parte da federación de que os partidos teñan que ser a unha hora determinada.
O CD Covadonga terminou a primeira fase do grupo 1 B como último clasificado con 14 puntos, gañando 4 partidos (un menos que os granates) e perdido 12 con 37 goles en contra e 21 a favor. O equipo asturiano é un recentemente ascendido, sendo esta tempada a primeira vez que milita na Segunda B na súa historia.
Calendario completo da Fase Permanencia Segunda RFEF
Xunto á data do partido #ante o CD Covadonga, tamén se publicou o resto de calendario da Fase de Permanencia a 2ª RFEF. Este é o calendario do Pontevedra CF para as próximas xornadas no que empezamos en casa contra o Covadonga pero tamén terminamos en casa contra o Oviedo B:
Xornada 1 (4/4/21) | |
Pontevedra CF | CD Covadonga |
Xornada 2 (11/4/21) | |
Sporting de Gijón B | Pontevedra CF |
Xornada 3 (18/4/21) | |
Pontevedra CF | CD Lealtad |
Xornada 4 (25/4/21) | |
Oviedo B | Pontevedra CF |
Xornada 5 (2/5/21) | |
CD Covadonga | Pontevedra CF |
Xornada 6 (9/5/21) | |
Pontevedra CF | Sporting B |
Xornada 7 (16/5/21) | |
CD Lealtad | Pontevedra CF |
Xornada 8 (23/5/21) | |
Pontevedra CF | Oviedo B |