Jesús Ramos continuará como adestrador do Pontevedra CF

| | Novas

Como é costume dende que esta directiva está ao cargo do Pontevedra Club de Fútbol, os movementos de final de tempada estanse a levar con moito secretismo. Tal é o segredo que hai nas oficinas de Pasarón, que non se sabe, polo menos de maneira oficial, quen vai ser o adestrador granate da próxima tempada. Pero, tal e como avanza o Diario de Pontevedra, Jesús Ramos será o adestrador do Pontevedra Club de Fútbol para a tempada 2020-2021.

Segundo o diario local, esta decisión tomouse unha vez confirmada a finalización da tempada entre a propia Lupe Murillo e Roberto Feáns, valorando de Jesús o peu perfil como home do clube e os bos resultados acadados durante as suas dúas pequeñas etapas aos mandos do primeiro equipo esta tempada.

Ramos acadou vitorias ante o Celta B e a UD Melilla cando se botou a Luismi do banco granate, deixando despois o seu asento ao entrenador vasco Carlos Pouso. Unha vez Pouso foi apartado, Jesús Ramos remotou o mando do equipo, conseguindo un empate importante ante o Atlético B, unha épica vitoria ante o Real Madrid Castilla e unha vitoria a domicilio con remontada incluida ante o Getafe B. Os números de Ramos non enganan.

El nuevo entrenador granate llevaría ya semanas planificando la temporada junto a Roberto Feáns, sondeando el mercado y tomando decisiones sobre la actual plantilla de la cual, por el momento, no sabemos más que las bajas anunciadas por los propios jugadores de Brian Jaén y Jaouad Erraji. Por ahora la plantilla 2020-2021 del Pontevedra Club de Fútbol es toda una incógnita, pero sabemos que tendrá a Jesús Ramos como maestro de ceremonias.

O novo adestrador granate levaría xa semanas planificando a tempada xunto a Roberto Feáns, sondeando o mercado e tomando decisións sobre o plantel do cal, polo momento, non sabemos máis que asa baixas anunciadas polos propios xogadores de Brian Jaén e Jaouad Erraji. Polo de agora, a plantilla 2020-2021 do Pontevedra Club de Fútbol é toda unha incógnita, pero polo menos sabemos que terá a Jesús Ramos como maestro de cerimonias.

Fotografía: ©PontevedraViva

Anterior

Álex González preto de renovar co Pontevedra CF

O Pontevedra CF lévase 50.000€ de patrocino da Fundación Deporte Galego

Seguinnte

Deixa un comentario

Exit mobile version