Jaouad Erraji xa non é xogador do Pontevedra

| | Novas

Comeza a aparecer as primeiras baixas no Pontevedra Club de Fútbol e, como todos os anos, os primeiros en marcharse son os xogadores cedidos. O primeiro que dixo adeus á disciplina granate foi Jaouad Erraji. O defensa marroquí dixo adeus a toda a afección granate a través das redes sociais, dando as grazas ao club e á afección, poñendo unha foto súa coa elástica granate.

O defensa internacional marroquí defendeu o escudo do Pontevedra Club de Fútbol durante 21 partidos, xogando máis de 1800 minutos e marcando incluso un gol contra a VDE Sanse, sendo titular na parte final da tempada e ocupando, na maioría de casos, a posición de defensa central. Jaouad volveu ao filial do CD Leganés, club ao que pertencía e do que veu cedido.

Espérase que nas próximas semanas comece a configurarse a nova plantilla do Pontevedra Club de Fútbol

Anterior

Brian Jaén abandona a disciplina do Pontevedra CF

Álex González preto de renovar co Pontevedra CF

Seguinnte

Deixa un comentario

Exit mobile version