Guèye e o Pontevedra CF acordan continuar o seu futuro xuntos

| | ,

O culebrón de Libasse Guèye chegou ao seu capítulo final. Despois de que o xogador aparecese, para sorpresa de moitos, o pasado domingo en Pasarón e que o adestrador Juan Señor comentase que contaba con el, hoxe o Pontevedra CF SAD e o representante do xogador mantiveron unha reunión na que acordaron continuar a súa relación contractual e que Libasse Guèye siga sendo xogador do Pontevedra Club de Fútbol.

Así o comunicou a entidade nunha nota de prensa excesivamente escuenta e con pouca información: “Finalizada la reunión entre el agente del jugador Libasse Guèye y la entidad, se cierra el expediente con la sanción económica propuesta por el club. Ambas partes desean pasar página y que la reincorporación de Libasse a la disciplina del equipo sea buena para el equipo”

Pese ao habitual escurantismo informativo do equipo nestas lidees segundo puidemos saber, o plantel do Pontevedra Club de Fútbol aceptou “a medias” as desculpas do xogador senegalés, xa que os xogadores coñecían con anterioridade a predisposición da entidade a que Libasse continuase na disciplina granate, polo que non tiveron outra opción que poñer boa cara e non alzar a voz #ante a volta dun xogador que lles deixou abandonados nos peores momentos do equipo.

Anterior

Volven as invitacións para socios no partido contra o Linares

Señor: “O único que nos vale é a vitoria”

Seguinte

Deixa un comentario

Exit mobile version