Este ano ti escolles ao mellor xogador granate

| |

Cando comezamos con PontevedraCF.Net vos prometimos moitas novedades que vos fixeran desfrutar da vosa afección ao Pontevedra Club de Fútbol. Hoxe vos presentamos unha que vai estar presente durante toda a tempada: O Granate Edición 20/21.

Que é O Granate? É o trofeo que entregaremos dende PontevedraCF.Net e Fondo Norte Podcast ao mellor xogador da tempada. Este premio será elexido pola afección e polos membros de Fondo Norte Podcast. Ao final de cada encontro publicaremos na nosa web unha enquisa na que poderedes escoller aos 3 mellores xogadores do partido, durando a votación 24 horas. Nesta votación repartiranse 6 puntos desta maneira: 3 puntos para o primeiro, 2 puntos para o segundo e 1 punto para o terceiro clasificado na votación.

Da mesma maneira, dende Fondo Norte Podcast tamén faremos a nosa propia votación, a cal terá tamén a mesma puntación pero contará so un 20% para o trofeo final. Así, durante a tempada haberá dúas clasificacións, a da afección e a dos membros do podcast, entregando ao final un trofeo ao xogador que quede primeiro na clasificación.

Anterior

A TVG ofrecerá todos os partidos do Pontevedra ante equipos galegos

Vota polo mellor xogador no Racing de Ferrol 2-3 Pontevedra CF

Seguinte

Deixa un comentario