fbpx

Entradas máis baratas e promoción para socios contra a Segoviana

| |

O Pontevedra Club de Fútbol anunciou unha nova promoción para o partido contra a Ximnástica Segoviana. Coa idea de que se acheguen todos os siareiros posibles nun horario tan atípico como o sábado ás sete da tarde, a entidade decidiu aplicar unha rebaixa ás entradas de todas as bancadas e lanzar unha promoción de entrada con desconto para cada socio.

Con esta nova promoción, as entradas para público xeral sofren un pequeno desconto pasando a valer 10€ nos fondos, 15€ en Preferencia e 20€ en Tribuna, sendo os prezos para os menores de 16 anos 5€, 8€ e 15€ respectivamente. Ademais, cada socio poderá comprar unha entrada a un prezo algo máis reducido que a de público xeral: 6€ para Fondo Sur, 8€ para Fondo Norte, 10€ para Preferencia e 15€ na bancada de Tribuna. No caso de ser menor de 16 anos, os prezos quedan en 5€ en Fondos e Preferencia e 10€ en Tribuna.

Segundo comunicou o club, cada socio ten dereito a adquirir unha única entrada con desconto, tendo que comprarse con antelación nas oficinas do club. Tanto para público xeral como para socios, as oficinas da entidade estarán abertas de martes a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00, estando tamén abertas o sábado de 10:00 a 13:00 horas.

https://twitter.com/PontevedraCFSAD/status/1501179110583844867
Anterior

Entradas más baratas y promoción para socios contra la Segoviana

Charles se perderá solo 2 partidos

Seguinte

Relacionado

Dalisson ficha por el Córdoba CF

Hoy se ha confirmado una noticia que, aunque previsible, no deja de generar cierta nostalgia en Pasarón: Dalisson de Almeida, uno de los jugadores más ... Read more

Precios populares y entradas gratis para buscar el ascenso

El Pontevedra CF puede confirmar su ascenso a Primera RFEF de manera matemática este domingo en su partido contra el CD Laredo y lo quiere ... Read more

Deja un comentario