O Pontevedra visitará Riazor o domingo 18 ás 19:00h

| | ,

A pesar de que a Federación prometera que se publicarían todos os horarios da Primeira RFEF unha vez adxudicouse o operador de televisión, a organización volve ser deficitaria e hoxe mércores publicáronse os horarios das xornadas número 3 e 4 dos dous grupos da liga.

Segundo o horario oficial, o Pontevedra CF recibirá ao DUX Internacional de Madrid (ou o equipo que o substitúa de resolverse en contra dos madrileños o problema que teñen) o domingo 11 de setembro ás 19:00 horas. Da mesma maneira, os granates que visiten Riazor para ver o enfrontamento contra o Deportivo da Coruña teñen unha cita o domingo 18 de setembro ás 19:00 horas, un horario que complica os desprazamentos debido á hora e ser o día seguinte un día laborable habitual.

Esta publicación de horarios non implica que haxa decisión a favor ou en contra de suspender a xornada número 2, tal e como se rumoreou en redes sociais e recolleron varios medios deportivos. Tampouco implica unha aceptación da participación do DUX Internacional de Madrid no Grupo I de Primeira RFEF.

No momento de escribir estas liñas, o DUX debería presentar as 18 fichas obrigatorias #ante a RFEF ou depositar a cantidade monetaria compensatoria indicada polo Xuíz Único na súa resolución, pero polo momento non temos noticias de ningún tipo sobre este tema.

Anterior

La RFEF pone límites al DUX y se abre la puerta a un nuevo equipo en Primera RFEF

Álex Masogo, nuevo mediocentro sub23 granate

Seguinte

Deixa un comentario