O Pontevedra propón xogar co Guijuelo o mércores 13 de xaneiro

| | Noticias

O Pontevedra CF apresurouse a solucionar o tema do partido suspendido #ante o CD Guijuelo. Hoxe domingo 10 de xaneiro ás 17:00 horas, o club granate ha comunicado a través da súa conta oficial de Twitter que solicitou á RFEF que o partido se xogue o vindeiro mércores 13 de xaneiro ás 19:00 horas.

O Regalmento General da Real Federación Española de Fútbol no seu artigo 241 sinala que “Si el partido se suspendiera por causa de fuerza mayor, se celebrará o proseguirá el día que el correspondiente órgano competente determine, salvo que, en base a las previsiones reglamentarias, adopte aquél otra clase de pronunciamiento”. Desta maneira, e según o comunicado polo clube, aínda quedaría que o órgano competente, neste caso a RFEF, aceptara a nova data.

Charles podería estar contra o Racing

No caso de que se confirme a nova data, Charles cumpliría o seu derradeiro de partido de sanción ese mesmo mércoles, polo que si que podería estar no partido contra o Rácing de Ferrol en Pasarón o domingo 16 de xaneiro.

Anterior

Suspendido o Pontevedra – Guijuelo por mor do temporal

Quen foi o mellor xogador no Pontevedra CF 0 – 1 Racing Club Ferrol?

Seguinnte

Deixa un comentario

Exit mobile version